Pagina nueva 2 GRUPO RAVAR: Os espontáneos

viernes, febrero 26, 2010

Os espontáneos

Os espontáneos é unha proposta de arTeu e Miguel Melero.
A arte sairá literalmente á rúa por sorpresa, no lugar e no momento máis inesperado. As convocatorias difundiránse a través da nosa web, da rede e do "pásao, pásao", con poucos días de antelación. A Primeira será o 28 DE MARZO NA PRAZA DA QUINTANA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, ÁS 12 DA MAÑÁN.

Estos encontros de arte e público deixarán o seu trazo na nosa web: www.arteu.com
Tomaremos a Quintana, tomaremos a Bastilla, tomaremos a praza de..., despois tomaremos uns viños e uns pementos...
Aberto a todxs xs que queiran participar, non te quedes na casa.
Cada obra ten o seu público, hai que buscalo.
Acude ás nosas convocatorias cunha obra túa baixo o brazo, que se vexa ben, tes algo que decir, únete.
Unha expo colectiva, nun espazo público, sen paredes, só precisas os teus brazos, ou as túas costas se é que prefires levala obra colgada.
E, moi pronto, outra iniciativa de arTeu con BGR (Begoña Pastoriza e Rubén Mariño) e 5Célula (Elizabeth Ross), ide facendo ocos............
Unha aperta
Inma Doval

[+/-] Seguir Leyendo...

Etiquetas: , ,

INICIO PÁGINA <body bgcolor=#FFFFFF></body> </html>