Pagina nueva 2 GRUPO RAVAR: FILOCAFÉ CGAC-Santiago de compostela

martes, febrero 23, 2010

FILOCAFÉ CGAC-Santiago de compostela

FILOCAFÉ CGAC · A propósito do dandismo nos nosos días
no Centro Galego de Arte Contemporánea

Prezadas/os amigas/os,
Con motivo da exposición Sur Le Dandysme Aujourd’hui, que se poderá visitar no Centro Galego de Arte Contemporánea ata o 21 de marzo, dende o CGAC comprácenos convidarvos a participar nunha actividade gratuíta chamada FILOCAFÉ, o vindeiro sábado 13 de marzo ás 16.30.
Baixo a idea de “O dandismo hoxe”, queremos pescudar onde se atopa o dandi actual, ver se segue entre nós aquela figura estilizada e elegante do século XIX que vestía frac e chapeu, quizais reconvertida nas figuras mediáticas do rock e do glamour, ou ben detrás dos estereotipos que marcan o xeito de vestir, actuar e comportarse das tribos urbanas. Segue presente entón o dandi entre as novas xeracións? que forma adopta? Como se distingue? Coa vosa axuda tentaremos dar resposta a estas preguntas no filocafé.
Que é un filocafé? Basicamente é un debate organizado nun bar ou cafetería, lugar público por excelencia. O obxectivo é crear un ambiente no que todas e todos poidades libremente tomar a palabra para manifestar unha ou varias ideas sobre o tema, e a estas ideas poderédeslle dar a forma que queirades: Poesía, imaxe, video, canción, performance... Non son precisos coñecementos previos sobre o tema, unicamente o desexo de aprender, compartir ideas e coñecer persoas.
Agardamos que esta proposta sexa do voso interese. Para participar, só teredes que confirmar vía e-mail ou teléfono, achegarvos ata a cafetería do CGAC o sábado 13 de marzo ás 16.30, e desfrutar do filocafé. Se queredes máis información sobre o tema ou sobre outras actividades, podedes consultar a web do CGAC ou ben contactar co Servizo de Actividades e Proxectos Educativos.
Servizo de Actividades e Proxectos Educativos do CGAC
Rúa Valle Inclán s/n. 15704 Santiago de Compostela
Tfno. 981 546 602 / 631
http://www.cgac.org
educacioncgac@gmail.com


[+/-] Seguir Leyendo...

Etiquetas: ,

INICIO PÁGINA <body bgcolor=#FFFFFF></body> </html>