Pagina nueva 2 GRUPO RAVAR: Ateneo Ferrolán

martes, febrero 23, 2010

Ateneo Ferrolán

(Recibido)
Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
Queres expoñer no Ateneo?
O Ateneo Ferrolán, querendo acadar un mellor xeito de colaboración e apoio á
difusión das diferentes formas de expresión artística, pon a vosa
disposición as súas Salas de Exposicións.
De estar interesado/a, pregámoste te poñas en contacto con nós:
E-mail: secretaria@ateneoferrolan.org
Telf.: +34 981 357 970
Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.
CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Salas de Exposicións do Ateneo Ferrolán
O Ateneo ten duas Salas de Exposicións, unha na primeira plantra e outra na
segunda, podes ver mais fotos na sección Instalacións desta web.
Este é o Contrato para a utilización das salas.
1) PERIODICIDADE. Deberán transcorrer, cando menos, dous anos dende a
anterior mostra individual presentada polo autor na Sala de Exposicións do
Ateneo Ferrolán e un ano de expoñer en calquera sala desta localidade.
2) SALA DE EXPOSICIÓNS. A cesión da Sala e as horas de visitas do público
serán os establecidos polo Ateneo Ferrolán. A utilización da sala conleva
uns gastos engadidos –fixos e extras- que correrán por conta do autor da
exposición, por un valor de 200 €, para o público en xeral, salvo no caso
dos socios/as do Ateneo que se establece en 100 €. Esta cota leva implícitos
os dereitos como contrapartida, por parte do Ateneo de:
1- Deseño, confección e impresión de cincuenta tarxetas a cor.*
2- Inauguración pública da exposición, cunha copa de viño.*
3- Apertura da exposición e gastos implícitos.
4- Gastos de luz e megafonía.
*Como alternativa, o expositor/a poderá asumir o gasto dos apartados 1 e 2,
e só tería que aboar ó Ateneo Ferrolán 30 € (Socios/as e público en xeral)
en concepto de gastos da Sala de Exposicións.
3) MATERIAL IMPRESO. Terá que estar en galego e debe figurar o logotipo do
Ateneo Ferrolán co enderezo, teléfono e demais referencias. O deseño terá
que ser entregado con antelación, 15 días antes da exposición, no Ateneo
Ferrolán para a súa aprobación.
4) MONTAXE E DESMONTAXE. A exposición deberá ser montada e retirada polo
autor ou persoa autorizada por el, adaptándose ás datas e horarios marcados
polo Ateneo Ferrolán. O Ateneo achegará unha persoa que colaborará neste
traballo.
a) A Sala concédese nas condicións de instalacións nas que se atopa, non
autorizándose ningunha modificación que conleve alteracións na súa
estructura.
b) Os gastos de transporte e embalaxe da obra serán por conta e risco do
autor.
c) O Ateneo Ferrolán velará pola conservación das obras, non
responsabilizándose, en ningún caso dos posibles danos ocasionados por
perda, destrucción ou deterioro que poidan ocasionarse durante o traslado ou
permanencia na Sala.
5) CONCESIÓN. A Sala concédese por un prazo máximo de quince días naturais,
destinando non máis de doce días para a exposición ó público e os restantes
para os traballos de montaxe e desmontaxe da obra. O Ateneo Ferrolán
resérvase o dereito á rescición do presente contrato, previo aviso de quince
días de antelación, sen que o autor teña dereito a reclamación nin
compensación ningunha. Unha vez coñecida a obra a expoñer, o Ateneo
resérvase o dereito a prohibir ou retirar parte ou totalidade desta, sempre
que se considere que esta non reúne os mínimos de calidade para a súa
exposición pública.
6) REFERENCIAS PROFESIONAIS. O solicitante deberá de achegar con este
documento un dossier no que incluirá o currículum vítae, material impreso
doutras exposicións, recortes de prensa e fotografías dalgunhas das obras a
expoñer ou obras recentes.
7) DOAZÓN. O autor, previo acordo coa entidade, comprométese a doar unha
obra da mostra realizada que pasará a formar parte do Patrimonio da
Entidade.
A SINATURA DO PRESENTE DOCUMENTO IMPLICA A ACEPTACIÓN DE TODAS E CADA UNHA
DAS CONDICIÓNS INCLUÍDAS NEL.


[+/-] Seguir Leyendo...

Etiquetas:

INICIO PÁGINA <body bgcolor=#FFFFFF></body> </html>