Pagina nueva 2 GRUPO RAVAR: De Oriente a Occidente, Ali Ali

lunes, marzo 06, 2006

De Oriente a Occidente, Ali Ali



De Oriente a Occidente, Ali Ali
(nota de Fundación Araguaney)

Inauguración o próximo día 10 de marzo na Sala de Exposicións da Fundación Araguaney
O próximo día 10 de marzo ás 20.00 horas, inaugurarase na Sala de Exposicións da Fundación Araguaney unha exposición do artista sirio Ali Ali.Afincado xa en Galicia dende hai uns anos, onde estivo impartindo clase na Escola de gravado de Betanzos, inaugura a que será a súa primeira exposición individual.Gañador do segundo premio na VII Bienal Internacional de Pintura Fundación Araguaney, ten un amplo curriculum.A exposición constará dunha serie de obras ben óleos ben gravados, onde a variedade tanto temática coma de técnica está asegurada.A forza expresiva do debuxo, a concepción da función do claroescuro, o tratamento das texturas nos impresos, o sutil gravado nas placas ou matrices… detalles que ó coñecedor faralle poder gozar da calidade na técnica do gravado.A isto súmaselle un lirismo gráfico case surrealista, narracións con personaxes saídos do subconsciente máis fondo, soños que parecen confundi-la tradición relixiosa coa pagá, figuras que nos deixan participar de momentos íntimos case místicos convertendo ó espectador nunca especie de “voyeur” e unha sensualidade que só pode ser froito da influenza oriental.O detalle da placa con detalles infindos convérteo nunca peza de orfebreiría, unha xoia. A obra dun grande artista.Fundación Araguaney .


Nosotros seguramente vayamos, tenemos que mirar como hacemos con Violeta, en el chollo ya solucionado.

Etiquetas: ,

INICIO PÁGINA <body bgcolor=#FFFFFF></body> </html>